ARTE

SolidariedARTE 2024, participa na nova edición do noso Concurso Nacional de Debuxo Escolar.

 

A ONG AYUDEMOS A UN@ NIÑ@, convocou á décima edición do Concurso Nacional de Debuxo Escolar "SolidarizARTE”, dirixido a escolares de 5º de primaria de centros educativos de todo o territorio nacional.  

SolidariedARTE, non é un concurso de debuxo máis, forma parte de noso programa Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global, a través do cal pretendemos facer participes á comunidade escolar, en particular ao alumnado,promovendo a conciencia social e crítica dos problemas sociais que se producen no noso contorno e no mundo, e que vulneran os Dereitos Humanos así como o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Esta décima edición ten como lema “Infancia e os conflitos bélicos. Educar para a Paz desde a guerra”, para que os e as escolares reflexionen e poidan plasmar como as guerras inciden na vida doutros moitos nenos e nenas que as sofren.

A idea é visibilizar a situación da infancia exposta aos conflitos bélicos, xa que centos de miles de menores de idade están atrapados en conflitos armados como soldados, sofren por mor da violencia sexual, os malos tratos e a explotación, son vítimas dos restos de explosivos de guerra e das minas antipersona ou ven forzados a desprazarse, situacións que se dan actualmente en conflitos como os de Gaza, Ucraína ou Siria ou noutros máis esquecidos como Nixeria, Somalia, República Democrática do Congo, o Sahel ou Colombia.

Os debuxos deberán reflectir como impactan as guerras no noso día a día, plasmarán unha reflexión ou unha idea sobre as súas causas, as súas consecuencias ou ben sobre as posibles solucións que se poden adoptar para acabar con elas, mesmo coa realización dalgunha acción, por pequena que sexa para contribuír a conseguir unha sociedade máis pacífica e xusta.



O prazo de envío de traballos iníciase o 1 de outubro e finalizará o 15 de decembro de 2024

Para calquera dúbida ou información podes contactar con:
Departamento de Voluntariado
ONG Ayudemos a un@ Niñ@
900 14 20 14 / 687 710 660
info@ayudemosaunnino.org

 

Para preparar esta actividade podes visitar os seguintes enlaces

Unidade didáctica

El Buentrato, unha tarefa para cada día (cas)

Proposta didáctica para introducir ao alumnado no concepto de Buentrato. (Nivel educativo: Primaria).

Vexa aquí

Exposición

Infancia e os conflitos bélicos. Educar para a Paz desde a guerra (cas)

Este proxecto pretende inducir a reflexión sobre os obxectivos da educación para a paz e, concretamente, sobre o enfoque desta materia na análise dos fenómenos bélicos.

click aquí

Unidade didáctica

A PAZ constrúese na nosa escola (Gal)

Unidade didáctica centrada na cultura da paz e como promovela no ámbito escolar

Vexa aquí

Utilizamos cookies propias con fins estritamente funcionais (navegar pola páxina, visitar seccións), así como cookies analíticas propias e de terceiros para recoñecelo, coñecer as súas preferencias e ofrecerlle información personalizada. Se nos das o teu consentimento a través do botón de aceptar, almacenaranse no teu dispositivo. Ademais, pode rexeitalos mediante o botón Rexeitar. Tes máis información na nosa Política de cookies.Más información

ACEPTAR | DECLINACIÓN